CRTVG

Buscar

A Guarda acolle o Econtro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Publicado o 11/07/2019 22:08

Ben colorido está estes días o peirao da Guarda. Unha visión completa de 360º onde os protagonistas, miremos dende onde miremos, son o mar e estas embarcacións tradicionais. Aquí danse cita embarcacións galegas, pero tamén de Portugal, Irlanda, Cataluña e do País Vasco.

Toda A Guarda está engalanada para renderlle a súa merecida homenaxe a este patrimonio marítimo que desata as arelas dunha vila moi vinculada ao mundo do mar.

A reconstrución dun volanteiro que se está exposto no peirao é un claro exemplo. Fíxose nun estaleiro da Guarda e estes días preside este encontro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019