Galicia Noticias Mediodía
A Guarda acolle este sábado unha regata de traiñeiras en homenaxe aos remeiros dos anos 40, 50 e 60
Seguro que mañá o peirao da Guarda reborda de emoción, porque tripulacións de traiñeiras de toda Galicia van desputar a regata de homenaxe aos remeiros que competían polas festas do Carme desde os 40 aos 70. Moitos xa morreron, pero os que quedan están moi fachendosos de recibir este agarimo e recoñecemento.
Este sábado A Guarda vai acoller a regata homenaxe aos homes e mulleres dos anos 40, 50 e 60 que animaban as Festas do Carme cunha competición de remo de varias categorías.
Quedan apenas ducia e media de mariñeiros, xubilados xa, dos máis de 60 que aparecen nas fotos da época. As tripulacións agrupábanse a maioría, por tabernas.
Tamén participaba a Mariña, cunha tripulación da Escola de Telecomunicacións de Vigo.
Algúns o que máis botan de menos é a festa e o compañeirismo.
Todos están ilusionados e emocionados polos recordos que lles vai traer a regata do sábado, no mesmo porto en que eles competiron de rapaces.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí