CRTVG

Buscar

A gripe deixa xa sete mortos en Galicia

Publicado o 11/01/2017 21:08

Segundo a Consellería de Sanidade, todos presentaban algún factor de risco e catro deles estaban vacinados

Xa son 7 os mortos por gripe en Galicia na actual campaña. Segundo a Consellería de Sanidade, todos presentaban algún factor de risco e catro deles estaban vacinados. Durante a primeira semana do ano, o 061 recibiu máis chamadas do normal relacionadas coa enfermidade. A Coruña e Ourense están sendo as provincias con máis contaxios. Na actual campaña, xa ingresaron con gripe 302 persoas nos hospitais galegos. O Sergas vaticina que, nas vindeiras semanas, o impacto do virus podería aumentar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017