CRTVG

Buscar

A grave lesión de Borja Domínguez, primeiro contratempo para Curro Torres

Publicado o 30/12/2019 16:26
A grave lesión de Borja Domínguez, primeiro contratempo para Curro Torres

No Lugo, contratempo importante en forma de lesión para Borja Domínguez. O centrocampista vigués mancouse no adestramento do pasado domingo ou sufrir unha torsión no seu xeonllo esquerdo. Borja ten unha rotura completa do ligamento cruzado anterior. Será operado nos próximos días, pero para el xa rematou a temporada.

Veremos como afecta ao novo adestrador, a Curro Torres, est alesión de Borja Domínguez. Curro Torres colle o equipo con 22 puntos, un por riba do descenso. Veremos en que aspectos fai fincapé o novo adestrador e que reforzos lle traen no mercado invernal.

A estrea de Curro Torres non se atisba sinxela. O sábado chega o Almería de Guti, e despois Raio, Albacete e Huesca. Eses serán os rivais do Lugo no próximo mes. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019