CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

A Grande Obra de Atocha celebra un centenario especial

Publicado o 16/05/2015 21:25
Na Coruña, a Grande Obra de Atocha celebrou durante todo o día un centenario moi especial.En 2015 cúmprense cen anos da chegada da imaxe do Neno Xesús das Uvas e Espigas e os alumnos e os profesores da escola quixeron festexalo enchendo o barrio de actividades culturais e de lecer abertas a toda a cidadanía. Unha das máis especiais foi a montaxe deste mosaico xigante de máis de trescentas pezas na que participaron os nenos do colexio. A música en directo foi outra das grandes protagonistas desta xornada que salpicou de arte a contorna da praza de España. Unha eucaristía solemne presidida polo arcebispo de Santiago, Xulián Barrio, pechou o programa de actos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí