A Gran Gala do Circo abraiou o público en Santiago
Publicado o 07/04/2019 21:47
Gran Gala do Circo en Santiago. Malabares, acrobacias, e maxia sobre o escenario.
E esta tarde Santiago adiantouse aos festexos do Día Mundial do Circo, que se celebra o próximo 21 de abril. Cativos de 4 a 99 anos estremecéronse cos números dos saltimbanquis e apamparon cos malabares.
A Gran Gala do Circo, baixo o cabaré colectivo dos artistas de Pistacatro, abraiou todos aqueles que se achegaron esta tarde ao auditorio para ver os números máis sorprendentes e arriscados sobre o escenario.
Con eles, artistas tamén chegadas de fóra que flotaron no aire ou que trouxeron a maxia e o misterio a Compostela.