CRTVG

Buscar

A gota fría deixa dous mortos, riadas e miles de alumnos sen clase

Publicado o 12/09/2019 21:01

Nestas imaxes gravadas por un videoafeccionado pódese ver o coche en que viaxaban dous irmáns, de 61 e 51 anos, vítimas da riada en Albacete.

"Cando chegamos, a auga baixaba moi forte, ao primeiro non o vin pero despois fixeime que había un coche envocardo e aínda tiña as luces acesas e penseique habia xente pero eu non podía entrar, baixaba medio metro de auga e non podía entrar".

"O máis fácil é que non viron ben os limites do camiño e saliron porque a zona de abaixo está a un metro e medio e iso ocasionou o envorcamento do coche e o falecemento posterior"

A intensa choiva caída durante a noite en Albacete provocaron cortes de tráfico e tamén houbo problemas na circulación de trens. En Orihuela, Alacante, esperan a chegada da Unidade Militar de Emerxencias. Os 300 litros por metro cadrado que caeron nas últimas horas transformaron as rúas e as estradas en ríos. A auga arrastraba os coches. Os bombeiros conseguiron rescatar tres persoas atrapadas no interior dos seus coches. 200 traballadores dun polígono industrial quedaron illados e colocaron sacos para evitar que a auga entrara nas naves mentres agardaban a que os rescataran. Na Comunidade Valenciana máis de 300.000 alumnos quedaron sen clase. En Murcia, onde se recolleron 200 litros en 12 horas, os equipos de emerxencias evacuaron un cento de veciños para evitar que quedaran illados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019