CRTVG

Buscar

A GNR únese á Garda Civil percorrendo a Vía da Prata dentro do Plan de Seguridade Xacobeo 2021

Publicado o 09/07/2021 11:55

Se este verán ao facer o camiño se cruzan con axentes da Garda Nacional Republicana non pensen que están perdidos. Os axentes portugueses atópanse en Galicia dentro dun programa de cooperación entre as forzas de seguridade españolas e portuguesas pensado para protexer os peregrinos que escollen a Vía da Prata. Patrullan a ruta xacobea coa Garda Civil dentro do Plan de Seguridade Xacobeo 2021.

A Vía da Prata bate marcas en canto a número de peregrinos. Máis de 500 percorreron esta ruta xacobea no último mes. Moitos deles proveñen de Portugal, por iso axentes da GNR acaban de incorporarse ás patrullas da Garda Civil precisamente para facilitar unha maior atención policial aos peregrinos ao longo do camiño. Os axentes da Garda Nacional Republicana quedarán en Galicia todo o verán.

Noticias web

09/07/2021