CRTVG

Buscar

A Generalitat valenciana asume a tutela da nena que se colgou do tendal para que o pai non a violase

Publicado o 08/08/2019 19:11
A Generalitat valenciana asume a tutela da nena que se colgou do tendal para que o pai non a violase

A Generalitat valenciana asumiu a tutela da nena de 14 anos que se colgou do tendal dun cuarto piso escapando do seu pai que, supostamente, intentou violala. O home continúa detido.

A rapaza pasou unhas horas no hospital, e os servizos sociais fixéronse cargo dela. Segundo contou, non era o primeiro episodio de abuso sexual que sufría por parte do seu pai, ao que nunca denunciou por medo. Onte estaba soa na casa cos seus irmáns pequenos, e botouse pola ventá para pedir auxilio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019