CRTVG

Buscar

A Generalitat valenciana apraza as fallas e as festas da Magdalena de Castellón

Publicado o 11/03/2020 10:03

Moitas voces cuestionaban a seguridade de manter un evento tan multitudinario como as fallas de Valencia, e, finalmente, anunciouse a súa suspensión.

A Generalitat apraza as fallas de Valencia e as festas da Magdalena de Castellón. O presidente da comunidade, Ximo Puig, compareceu esta noite tras dúas horas de reunión urxente e dixo que a decisión se tomaba logo das recomendacións tanto do Ministerio de Sanidade como dos expertos.

Recalcou que a medida ten como base a evidencia cientifíca, que é para protexer a saúde, e que a prudencia e a responsabilidade deben guiar nestes momentos a acción de goberno.

 

Noticias web

11/03/2020