CRTVG

Buscar

A Generalitat pide a volta ao teletraballo e ás clases virtuais

Publicado o 12/10/2020 10:26

Cataluña rexistrou 2.360 contaxios novos e trece mortos nas últimas 24 horas. Á vista de que o índice de crecemento potencial da epidemia no territorio vai en aumento desde a Generalitat fan un chamamento en dúas direccións.

Josep Maria Argimon, secretario de Saúde Pública: "En reducir a mobilidade, clarisimamente, e en reducir a interacción social". Para facilitalo pídenlles ás empresas que volvan aos niveis de teletraballo dos meses de confinamento.

Josep Maria Argimon, secretario de Saúde Pública."Temos a sensación de que persoas que estaban teletraballando en marzo, abril, agora, están traballando presencialmente".

Tamén solicitan a volta ás clases en liña nas universidades: "Conseguir a virtualidade durante quince días e deixar a presencialidade para as clases prácticas", di o Secretario de Saúde Pública.

Din que a poboación xa sabe como colle velocidade o virus se non se toman medidas a tempo.

Nas escolas non teñen previsto cambios. Consideran que polo momento van ben.

Noticias web

12/10/2020