CRTVG

Buscar

Cataluña obrigará a usar sempre a máscara

Publicado o 07/07/2020 20:55

Na comarca do Segriá xa hai máis de cincocentos infectados, 74 novos desde onte. A Generalitat vai propoñer o uso obrigatorio da máscara en toda Cataluña, mesmo se se cumpre a distancia social.

A conselleira de Saúde di que hai que diminuír os riscos e que a decisión se adopta para" corrixir certas actitudes dos cidadáns"

Este mércores decidirán como se aplica a medida en praias e piscinas.

De Lleida chegou o paciente cero de Ordizia. Xa son 30 os positivos confirmados, á espera de coñecer os resultados das probas que se realizan, desde onte, na localidade. "Nas primeiras horas detectáronse 15 positivos e contamos con que cada un déles tivo contacto con outros dez", asegura a responsable da Sanidade do Pais Vasco, Nekane Muga.

O Concello adoptou medidas máis restritivas, suspendeu a feira dos mércores, pechou edificios públicos como polideportivos e bibliotecas, e precintou parques.

No resto do país multiplícanse os brotes aínda que todos semellan controlados e, de momento, sen consecuencias. Nas últimas horas, a Junta de Andalucía informou de 6 novos positivos contaxiados nun funeral multitudinario celebrado na localidade granadina de Belicena.

Outras 6 persoas polo menos contaxiáronse na localidade valenciana de Burjassot, tras a celebración dun aniversario.

O Goberno chama á responsabilidade. A ministra voceira do Goberno di que hai que facer caso ás recomendacións de Sanidade para evitar dar pasos atrás.

 

Noticias web

07/07/2020