CRTVG

Buscar

A Generalitat e o Concello de Barcelona mostran unidade contra a vaga de violencia

Publicado o 01/03/2021 20:25

Reunión de urxencia entre Generalitat e Concello de Barcelona tras os últimos episodios de violencia nas rúas. Pere Aragonés e Ada Colau exhiben unidade institucional e rexeitan o vandalismo, máis se, como o sábado, se poñen vidas en xogo.

A alcaldesa de Barcelona asegurou que "como sociedade hai que dicir que a violencia nunca é o camiño".

O conseller do Interior, Miquel Sàmper, explicou que entre os últimos 15 detidos hai 7 membros do movemento anarquista, 5 deles italianos e un francés: "A capacidade de mobilización existente a día de hoxe entre os que queren exercer a violencia é cada día máis complexa".

O Partido Popular pedirá a comparecencia urxente do ministro do Interior, como dixo Cuca Gamarra, voceira do PP no Congreso, "para que asuma as súas responsabilidades e afronte a situación da escalada de violencia que se está producindo nas rúas de Barcelona".

O PSOE apoiará calquera iniciativa que busque impedir que os actos vandálicos queden sen castigo.

Cristina Narbona, presidenta do PSOE, dixo que "son actos os que se produciron que non poden quedar impunes".

Ciudadanos esixiu a Ada Colau que o Concello se presente como acusación contra os manifestantes que prenderon lume a unha furgoneta cun axente dentro.

Noticias web

01/03/2021