CRTVG

Buscar

A Generalitat destitúe ao presidente do Consorcio de Educación de Barcelona

Publicado o 13/09/2017 14:40

E en plena busca de locais para poder votar o 1 de outubro, a Generalitat destituíu o presidente do Consorcio de Educación de Barcelona, que sería o responsable de ceder os colexios para a consulta. O cargo (Maite Teijido) asúmeo directamente a conselleira de Educación.

A Generalitat desvincula do referendo o cesamento de Lluis Baulenas como presidente do Consorcio de Educación de Barcelona e destaca que seguirá sendo o número dous de Educación. As pistas sobre o posible motivo deste cesamento deunas a alcaldesa da cidade. Ada Colau dixo que a conselleira lle comunicou que o cesamento de Baulenas era por 'motivos obvios'. Con esta manobra será a conselleira quen asuma coa súa sinatura a responsabilidade de ceder os colexios para o referendo en nome do Consorcio de Educación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017