CRTVG

Buscar

A Generalitat acorda un plan para que os nenos poidan saír da casa

Publicado o 18/04/2020 18:07
A Generalitat acorda un plan para que os nenos poidan saír da casa

Comentárono moitos líderes autonómicos nas últimas datas e a Generalitat redactou un plan para deixar saír os nenos á rúa. A vontade é que poidan facelo a vindeira fin de semana, sempre e cando o autoricen o Goberno e o Comité de Expertos

A idea é que poidan saír dúas horas ao día e por franxas de idade. Os menores de seis anos faríano pola mañá. E os maiores de seis pola tarde. Sempre preto da casa e sen ir ao parque.  De 0 a 16 anos terano que facer acompañados dun adulto e entre os 16 e os 18 poderano facer en solitario pero baixo a responsabilidade dun adulto. As familias que teñan nenos en varias franxas de idade poderán saír todos no mesmo horario. 

Habería que adoptar unha serie de medidas de hixiene e distanciamento como tomar a temperatura antes de saír da casa, quedan prohibidos os encontros organizados, a partir dos 3 anos é recomendable facelo con máscara e o uso de guantes tampouco será obrigatorio pero si moita hixiene de mans. 

Noticias web

18/04/2020