CRTVG

Buscar

A Garda Civil vixía Portugal para apoiar o turista español

Publicado o 23/07/2021 17:01

Axentes galegos da Garda Civil están durante este verán colaborando coas forzas de seguridade portuguesas en zonas turísticas do país veciño. Dentro do programa chamado turismo seguro os axentes da Garda Civil fanse ver entre os turistas españois nas principais cidades portuguesas, pero tamén en vilas turísticas como esta de Vila do Conde. Os visitantes están máis tranquilos ao veren que non terían problemas en comunicarse se teñen algún problema de seguridade. Os galegos entendémonos perfectamente cos portugueses para explicar por exemplo que nos roubaron a carteira, pero o resto de españois agradecen ter alguén que fale o seu idioma nun momento de apuro. 

Noticias web

23/07/2021