CRTVG

Buscar

A Garda Civil viu as lapas dun incendio nunha casa en Tamaguelos e desaloxou os propietarios

Publicado o 26/08/2020 20:40

Cándida levou un bo susto cando a Garda Civil a espertou porque estaba a arder o tellado da súa casa.

Entre a Garda Civil e coa axuda dos veciños cunha mangueira de auga conseguiron sufocar as lapas.

A dona da casa di que tiveron moita sorte porque estaban xusto no primeiro sono, e está moi agradecida á Garda Civil porque evitaron que o lume fose a máis.

Investígase agora a orixe do incendio, pero segundo apunta a Garda Civil puido orixinarse nun compresor eléctrico que está no tellado porque xusto comezaran a facer obras no teito da vivenda.

Noticias web

26/08/2020