CRTVG

Buscar

A Garda Civil vende por Internet 12 casas cuarteis, dúas delas en Galicia

Publicado o 08/07/2020 15:36

A Garda Civil vende por Internet 12 casas cuarteis en distintas partes de España. E dúas delas están en Galicia: unha na Pobra do Brollón e outra en Ferrol. 

Entre as propiedades que a Garda Civil pon á venda figura esta antiga casa-cuartel da Graña, en Ferrol, que o Ministerior do Interior xa tentara vender con anterioridade, sen éxito. Está á venda cun valor de 116.000 euros. 

Á última propiedade que foi posta á venda no portal inmobiliario da Garda Civil foi o cuartel da Pobra do Brollón, en Lugo, un edificio de máis de 600 metros cadrados, en dous andares. O seu prezo de saída á venda é de 155.000 euros.

 

Noticias web

08/07/2020