CRTVG

Buscar

A Garda Civil trata de identificar os vándalos que queimaron catro coches en Boiro

Publicado o 24/02/2020 13:11

A Garda Civil trata de identificar o autor ou autores duns actos vandálicos en dúas rúas de Boiro. Queimaron catro turismos e varios colectores do lixo.

Dous dos coches estaban aparcados a carón dun edificio de cinco pisos que tamén quedou danado. Os cristais do primeiro andar estalaron e a fachada está ennegrecida polo fume. Algunhas testemuñas viron marchar do lugar dous mozos nun coche.

Os veciños quéixanse de que no último mes houbo outros episodios vandálicos, aínda que non tan graves como os desta fin de semana.

Noticias web

24/02/2020