CRTVG

Buscar

A Garda Civil tendeulle unha trampa a Ana Julia Quezada, parella do pai de Gabriel

Publicado o 12/03/2018 08:33

A detención de Ana Julia, parella do pai de Gabriel, foi posibles grazas aos cebos que lle puxeron os investigadores da Garda Civíl. O arresto da muller produciuse cando transportaba o cadáver do menor de oito anos no maleteiro dun turismo e pretendía agochalo no garaxe da casa que compartía co pai do pequeno.

O comportamento errático de Ana Julia Quezada desde a desaparición de Gabriel en Las Hortichuelas levantou as sospeitas desde o primeiro momento dos investigadores da Garda Civíl. Seguían de preto a súa pista e os seus movementos, e o venres nun interrogatorio puxéronlle cebos.

O domingo o exhaustivo seguimento permitiu a súa detención. Un veciño de Almería gravaba o momento en que os axentes lle interceptaban o paso.

No maleteiro do turismo estaba o cadáver do meniño, que podería estar morto desde o día 1. A Garda Civíl conta con fotografías do momento en que retiraba o corpo de Gabriel dun pozo nunha finca para trasladalo ata o garaxe da casa.

Durante as investigacións e batidas inspeccionáronse máis de 400 balsas ou pozos no perímetro da vivenda onde desaparecera o pequeno. Agora, ademais, investígase o pasado de Ana Julia en España, a onde chegou hai 20 anos. A policía nacional revisa o caso da morte dunha pequena de catro anos en Burgos, á que coidaba a muller, que caeu por unha ventá. O falecemento pechouse daquela como accidental.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2018