O marido da moza desaparecida en Lanzarote declara que a atopou morta na casa
Publicado o 14/01/2019 19:53
A Garda Civil segue buscando en Lanzarote, en Costa Teguise, a Romina Celeste Núñez, que está desaparecida desde o día Ano Novo. Os investigadores consideran que está morta. A Garda Civil detivo onte o marido, e malia que el nega que a matase, si lles recoñeceu aos investigadores que a atopou morta na casa e que se desfixo do corpo. Están buscando o cadáver na costa da illa canaria.
O detido denunciou a desaparición unha semana despois porque, segundo dixo, non era a primeira vez que ela marchaba despois dunha discusión, e ese día discutiran. Ante a Garda Civil acabou recoñecendo que está morta.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Máis sobre actualidade
05/12/2019 19:50