CRTVG

Buscar

A Garda Civil sitúa o empresario Jaume Roures no Comité Executivo do 1-O

Publicado o 14/02/2018 20:46

A Garda Civil sitúa o empresario catalán Jaume Roures como un dos membros impulsores do 'procés'. Segundo o informe, Roures, o fundador da empresa audiovisual Mediapro, podería formar parte do comité executivo que marcaba a folla de ruta para a declaración de independencia. A Garda Civil atribúelle o papel de experto en comunicación, para difundir a mensaxe independentista. Os investigadores detallan que o empresario foi quen habilitou o centro de prensa para difundir os datos do referendo do 1 de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018