A Garda Civil segue investigando a morte de Labajjo Grandío
Os axentes da Garda Civil que atoparon o cadáver do pintor Labajjo Grandío na súa casa volveron ata este lugar da parroquia friolesa de Vilafiz para inspeccionar a vivenda do falecido. Quen o botara en falta e dera a voz de alarma foi este taxista de Friol que adoitaba levalo á vila unha vez á semana e que nos últimos tempos mesmo lle facía as compras. Segundo conta, quedou impresionado co achado do corpo do artista.
Á inspección da vivenda do pintor lugués tamén se presentou persoal do Concello de Friol, que se fixo cargo dos animais. O can que puido mutilarlle un brazo ao finado encóntrase xa na protectora, mentres que os cabalos están a ser alimentados a diario.
Os arredor de 60 cadros que Labajjo Grandío tiña na casa están a ser custodiados no centro sociocultural de Friol, á espera de que sexan reclamados polos herdeiros.