CRTVG

Buscar

A Garda Civil segue buscando pistas para atopar a Marta Calvo

Publicado o 30/11/2019 19:02

A Garda Civil segue buscando pistas que lle permitan dar con Marta Calvo, a moza valenciana desaparecida hai 22 días tras citarse cun descoñecido. A busca ampliouse a ríos, covas e pozos próximos ao lugar da desaparición. Nas últimas horas os axentes lograron desbloquear o whatapp da moza para recabar datos dos seus últimos movementos. O último contacto que tivo cos seus foi con súa nai: envioulle a súa ubicación cando estaba no inmoble no que se lle perdeu o rastro. Varios medios publican hoxe que o sospeitoso da desaparición da moza de 25 anos xa fora investigado pola morte doutra muller.

Noticias web

30/11/2019