CRTVG

Buscar

A Garda Civil segue buscando a Juan Paulo Giménez

Publicado o 21/05/2019 16:14

Continúa ingresada no Hospital Povisa de Vigo a moza da familia dos Zamoranos que quedara ferida nunha pedida de man, supostamente por parte de dous membros do clan dos Moróns. O mozo que tamén recibira o impacto dunha bala xa foi dado de alta.

Mentres, a Garda Civil segue buscando a Juan Paulo, irmán de Sinaí Giménez, e a persoa que o acompañaba na madrugada do domingo, cando se produciu o suceso no Multiusos de Torneiros, no Porriño.

Os investigadores barallan entre as hipóteses unha suposta prohición imposta polos Moróns aos Zamoranos sobre estas celebracións no municipio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/05/2019