CRTVG

Buscar

A Garda Civil recupera un canón do século XVI en Ribeira e hai investigadas sete persoas

Publicado o 05/05/2021 12:30
A Garda Civil recupera un canón do século XVI en Ribeira e hai investigadas sete persoas

A Garda Civil recupera un canón de bronce do século dezaseis espoliado hai dúas semanas en punta Espiñeirido, en Ribeira. É unha das tres pezas descubertas por mariscadores de casualidade.

Está pendente de determinar a súa antigüidade, pero crese que era parte da artillería dos buques que Felipe II enviou a combater contra Inglaterra en 1596.

Están investigadas sete persoas identificadas a través dun vídeo gravado cando sacaban o canón do seu lugar.

O Servizo de Arqueoloxía da Xunta mandou a peza a Vigo, ao Museo do Mar.