CRTVG

Buscar

A Garda Civil realiza máis de 24.000 actuacións relacionadas con protección animal de xaneiro a xuño

Publicado o 04/10/2020 10:50

A Garda Civil levou a cabo un total de 24.180 actuacións relacionadas con protección animal, a maior parte delas por infraccións administrativas. Esta cifra refírese ao primeiro semestre do ano 2020, no que se levantaron 365 actas de delitos por abandono e maltrato animal.

O Seprona, Servizo de Protección da Natureza, descubriu recentemente un zoo ilegal con 150 animais en condicións lamentables. O tráfico de especies é unha actividade que move anualmente miles de millóns de euros e tamén é perseguido pola Benemérita, o mesmo que o furtivismo ou a captura da fauna silvestre non autorizada.

Noticias web

04/10/2020