A Garda Civil reactiva a súa app de asistencia aos peregrinos
A Garda Civil promove entre os peregrinos que veñen a Santiago unha aplicación que lles permite informar de accidentes, delitos ou facilitar a localización xeográfica.
A aplicación, dispoñible en sete idiomas, forma parte do plan de seguridade das rutas xocobeas que este ano serve ademais de proba para o ano santo do 2021.
Axentes de once comunidades autónomas participan neste operativo deseñado para ofrecer unha maior seguridade aos peregrinos que veñen a Santiago.
O plan inclúe unha aplicación de móbil denominada Alertcops, coa que os peregrinos poden facilitar a súa localización xeográfica e informar de accidentes ou delitos.
A app ofrécelles aos camiñantes mensaxes aleatorias con consellos de seguridade en función do seu xeoposicionamento.
Este plan deseñado para o Camiño estivo suspendido durante a vixencia do estado de alarma e a súa reactivación serve ademais de proba para o xacobeo do ano que vén.