A Garda Civil prende un veciño de Malpica acusado de tráfico de drogas
Publicado o 12/10/2021 14:40

Axentes da Garda Civil detiveron un veciño de Malpica acusado de tráfico de drogas. Foi interceptado na rúa por unha patrulla instantes despois de lle entregar a outra persoa unha bolsa que contiña presuntamente cocaína. Sometido a un rexistro polos axentes, estes incautáronse doutro paquete semellante, dous bloques de haxix e preto de 500 euros.