CRTVG

Buscar

A Garda Civil precinta un depósito con 2.000 litros de gasóleo B nunha empresa do Barbanza

Publicado o 09/09/2021 13:48
A Garda Civil precinta un depósito con 2.000 litros de gasóleo B nunha empresa do Barbanza

A Garda Civil de Noia incautouse de dous mil litros de gasóleo B en Ribeira. 

Durante un control de carburantes na Pobra do Caramiñal, descubriron un camión destinado a uso industrial que usaba gasóleo agrícola. Ademais de sancionáreno, realizaron unha inspección na empresa de procedencia do vehículo pesado e descubriron outro camión que usaba gasóleo bonificado. Tamén atoparon un depósito de cinco mil litros, con dous mil no seu interior, e procederon ao seu precintado e a instruír as dilixencias correspondentes.

Noticias web

09/09/2021