CRTVG

Buscar

A Garda Civil poderá analizar as chamadas dos condutores implicados en accidentes

Publicado o 11/04/2019 22:45

As chamadas de móbil dos condutores implicados en accidentes viarios poderán ser examinadas, iso si, previa autorización xudicial, para saber se no momento do accidente o infractor utilizaba ou non este dispositivo. O uso del móbil ao volante segue sendo unha das principais ameazas nas estradas e vías urbanas, de feito, distintos estudos sosteñen que esta práctica incrementa en máis de un 20% o risco de accidente. De feito, as distraccións ao volante son a primeira causa dos accidentes de tráfico, e unha das distraccións máis común, o uso do móbil.

Usamos ou non usamos o teléfono móbil ao volante? A maioría asegura que non, outros sincéranse, para eles e para todos, cerco xudicial ao uso do teléfono móbil ao volante. O Supremo acaba de remitir un oficio coa orde de que as chamadas dos teléfonos implicados nun accidente poden ser examinadas.

Non se trata de analizar o contido, senón só momento da chamada. Farano os axentes e sempre previa autorización xudicial.

Nunca antes se fixera algo así. Non será necesario que o accidente sexa moi grave para que se pidan estes datos. En caso de que se comprobe que o accidente se puido causar por unha distracción co móbil, a efectos penais, podería considerarse unha imprudencia grave.

 

Noticias web

11/04/2019