CRTVG

Buscar

A Garda Civil pide a colaboración cidadá para dar cun suposto asasino

Publicado o 10/11/2020 20:19

A Garda Civil pide a colaboración cidadá para localizar ao presunto autor de varios delitos na provincia de Pontevedra durante o ano pasado. Entre eles, os investigadores atribúenlle o asasinato dun mozo en Salceda de Caselas, que morreu acoitelado de madrugada na vía pública. Os axentes buscan un varón moreno, de 30 a 35 anos, cunha altura aproximada de 1,80 e con acento do leste de Europa.

Noticias web

10/11/2020