CRTVG

Buscar

A Garda Civil pecha a web do referendo e Puigdemont ofrece unha alternativa

Publicado o 13/09/2017 14:43





As medidas xudiciais destinadas a evitar a celebración da consulta soberanista sucédense. A última, hai unhas horas, o peche da web oficial do referendo. 

O peche da páxina obedece a unha orde do titular do Xulgado de Instrución número 13 de Barcelona. A web referendum.cat, activada hai unha semana pola Generalitat, quedou desconectada pouco despois de que os axentes se presentaran coa orde xudicial de peche na empresa que xestionaba o servidor da web. A compañía cumpriu decontado a orde do xuíz, pero acabamos de saber que xa hai dispoñible unha nova páxina web. O Presidente catalán, Carles Puigdemont, publicou un chío cun enlace alternativo para acceder á web pechada. Tamén ás poucas horas, unha organización próxima á CUP abriu outra páxina web exactamente igual que xa está dispoñible para os cidadáns.



Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017