CRTVG

Buscar

A Garda Civil obriga o home que tirou unha neveira por un barranco a recollela

Publicado o 01/08/2019 18:36

O home que se gravou tirando unha neveira por un barranco, ademais de perder o traballo e enfrotarse a unha multa que pode chegar aos 100.000 euros, a Garda Civil obrigouno a recoller o electrodoméstico. As autoridade tamén investigan a empresa para a que traballaba por posible delito contra o medio ambiente.

O asunto parece complicarse para Mario, que vixiado polos axentes da Garda Civil, tivo que volver ao lugar onde el mesmo se gravara tirando unha neveira na serra de Almanzora, pero, esta vez, para recollela. Nas imaxes vese o infractor, axudado por outra persoa, subindo o electrodoméstico desde o fondo do barranco.

Todo comezou uns días antes, cando o Seprona viu estas imaxes na redes: o mesmo home e un compañeiro graváranse mentres lanzaban unha neveira desde a estrada. O colmo do asunto é que, ademais, eran reincidientes porque nas redes xa existían outras imaxes tirando tamén unha lavadora.

Os vídeos fixéronse virais. Mario perdeu o seu emprego e enfróntase a unha multa que pode chegar ata aos 100.000 euros, porque os frigoríficos están considerados como residuos perigosos polos gases que conteñen no interior.

Pero a Garda Civil foi máis alá e descubriu tamén que a empresa para a que traballaba Mario mantiña almecenados uns 70 electrodomésticos durante máis de 6 meses, que é o tempo que establece a normativa. Tampouco tiñan xustificantes de entrega de residuos. Se se confirma o delito medioambiental, a empresa podería chegar a pagar 300.000 euros de multa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/08/2019