CRTVG

Buscar

A Garda Civil non desbota que o incendio do despezamento de Nigrán fora intencionado

Publicado o 19/09/2019 13:37

A Garda Civil non desbota que o incendio do taller de despezamento de Nigrán fora intencionado. Segundo fontes da investigación, os vehículos carecían de combustible e de calquera elemento que puidera orixinar o lume. Por iso consideran que hai moi poucas probabilidades de que o incendio fora fortuíto. Aínda así, mantéñense abertas todas as hipóteses, á espera de recibir os informes dos expertos. O suceso tivera lugar na madrugada de onte. O incendio devorara un cento de coches e provocara a alarma entre os veciños da zona, pola proximidade do despezamento ás súas vivendas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019