CRTVG

Buscar

A Garda Civil localiza o condutor que fuxira tras atropelar un ciclista en Salcedo, Pontevedra

Publicado o 03/01/2018 21:23

A Garda Civil xa localizou o condutor que atropelou un ciclista na Nacional 120 á altura da parroquia pontevedresa de Salcedo. O condutor non só non auxiliou a vítima, senón que fuxiu do lugar. Hoxe foi identificado. É un veciño de Moaña de 50 anos ao que investigan penalmente por un delito de lesións e outro de omisión do deber de socorro. O ciclista, de 40 anos, tivo que ser atendido no Hospital de Montecelo: ten rotas dez costelas e a escápula. O colectivo ciclista Pedaladas de Pontevedra convocou unha concentración mañá ás oito do serán diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra contra a violencia viaria. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018