CRTVG

Buscar

A Garda Civil libera 260 quilos de polbos vivos capturados ilegalmente en Cantabria

Publicado o 30/09/2021 10:09
A Garda Civil libera 260 quilos de polbos vivos capturados ilegalmente en Cantabria

Operación policial contra a pesca furtiva en Cantabria. Os axentes liberaron máis de 260 quilos de polbos vivos que estaban atrapados en nasas ilegais en Santoña. Os furtivos capturábanos cuns tubos, similares aos dos canos, en que os polbos quedaban atrapados, e despois sacábanos cunha disolución de amoníaco, nociva para o cefalópodo. A Garda Civil descubriu en flagrante un pesqueiro con tres tripulantes capturando os exemplares. As capturas ían destinadas a restaurantes e particulares.

Noticias web

30/09/2021