CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga unha vaga de roubos en praias dos concellos de Miño e Bergondo

Publicado o 23/07/2019 20:37

A Garda Civil investiga unha vaga de roubos en praias dos concellos de Miño e Bergondo. No día de onte recibiron máis de 15 denuncias por roubos no interior de coches que estaban aparcados nas proximidades das praias de Gandarío e O Pedrido.

As autoridades recomendan non deixar obxectos de valor no interior dos vehículos e moito menos á vista, para evitar ser obxectivo dos cacos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019