A Garda Civil investiga unha presunta festa ilegal en Láncara
Publicado o 11/02/2021 20:42
A Garda Civil investiga unha suposta festa ilegal nunha parroquia do concello lugués de Láncara. Os axentes desprazáronse ata esta vivenda, onde non falta a música a gran volume, luces semellantes ás dunha discoteca e mesmo unha máquina de fume, simulando un local de ocio nocturno.
No lugar indentificaron tres homes que non respectaban as medidas de seguridade e non formaban parte do mesmo núcleo de convivencia. Segundo o visto polos axentes, crese que poderían asistir máis persoas a este lugar. Os feitos xa foron postos en coñecemento da autoridade competente.