CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga un intento de roubo tras arder un coche en Irixoa

Publicado o 21/01/2019 14:19

A Garda Civil investiga as circunstancias en que ardeu un coche no concello coruñés de Irixoa, preto de Betanzos. Os bombeiros foron alertados contra as cinco e media da mañá. Ardía este vehículo aparcado nun alpendre que tamén quedou moi danado polo incendio, así como outros trebellos que estaban almacenados no alboio. A intervención dos bombeiros de Betanzos evitou que o lume se propagara a outros cubertos e á vivenda contigua. Os propietarios presentaron denuncia no posto da Garda Civil porque sospeitan que o coche ardeu porque intentaron roubalo.

 

Noticias web

21/01/2019