CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

A Garda Civil investiga un incendio nunha vivenda de Rianxo supostamente provocado polo inquilino

Publicado o 04/12/2017 14:04
Ardeu un piso en Rianxo, e ao parecer o lume provocouno o propio inquilino da vivenda, aínda que a Garda Civil investiga como foi exactamente.

O home, que ao parecer levaba toda a tarde provocando altercados no inmoble, acabou saltando dende un terceiro andar para fuxir das lapas. Guindouse pola fiestra, e rompeu un cóbado e un pulso.









Un precinto da Garda Civil impide o acceso á vivenda, que quedou arrasada polas lapas. Todo indica que o lume foi provocado polo inquilino da casa mentres desafiaba os axentes, apostado do outro lado da porta.

Os bombeiros foron para abrir a porta, pero acabaron extinguindo o lume. Mentres, o home saltaba pola ventá, supostamente asustado pola virulencia das lapas que el mesmo provocara. Unha caída duns 10 metros que se saldou con dúas fracturas: nun pulso e no cóbado esquerdo.

Dous bombeiros precisaron asistencia médica por inhalación de fume. Os veciños do inmoble foron desaloxados. Entre eles, a compañeira da Televisión de Galicia Eva Iglesias, que reside no primeiro andar.

+

A Garda Civil investiga se o presunto autor do lume tiña alteradas as súas facultades mentais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí