CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga un falso policía da Bola

Publicado o 19/03/2021 14:54

Chegou ata a Policía Local de Celanova en coche e perfectamete uniformado. Presentouse dicindo que era o novo policía local da Bola, un pequeno concello de pouco maís dun milleiro de veciños, concello que nunca tivo policía local. Os axentes de Celanova desconfiaron.

Requisaronlle o uniforme e quitáronlle a pistola que era unha réplica e de aire comprimido. Agora a Garda Civil investiga o que xa pola contorna coñecen como o pequeno Nicolas de Celanova.

Pero Adrián, que así se chama o falso policía, gañouse a todos os veciños en dous dias que patrullou a contorna. Antonio, o dono deste bar na Bola non o podía crer, quedou abraiado ao coñecer o engano.

A alcaldesa da Bola tampouco sae do seu asomo. Di que ela deuno de alta pero como voluntario de Proteccion Civil pero nunca como policia e que o concello xamais lle entregou un uniforme. Calificou a actuacion do home de deshonesta e incívica.
 

Noticias web

19/03/2021