CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga os roubos nas tumbas dos cemiterios de Sada e Bergondo

Publicado o 31/01/2019 13:09

A Garda Civil investiga os roubos de placas en cemiterios de Bergondo e Sada. Foron os veciños os que se decataron do acontecido, despois de acudir a un funeral. Din que é unha falta de respecto e que o roubo só obecede á idea de facer mal.

Os veciños están molestos. Van pasando polo cemiterio a ver se os seus nichos están danados. Nun número elevado de casos, as placas estaban pegadas ás lápidas, pero tamén levaron algunhas que tiñan parafusos. Teñen medo de que este tipo de feitos poidan volver repetirse.

Desde o Concello de Bergondo pídenlles aos donos dos nichos que, se detectan algún movemento sospeitoso ou máis roubos, o denuncien canto antes na Policía Local. Tamén recomendan presentar denuncia individualizada na Garda Civil de Sada. Non é a primeira vez que se rexistran roubos no camposanto.

Os axentes da Garda Civil actúan de oficio e investigan tamén os danos que se produciron no cemiterio e Soñeiro, no municipio veciño de Sada. Alí comprobaron que se arrincaron varias placas, aínda que non teñan constancia de ningunha denuncia dos afectados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/01/2019