CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga o asalto á igrexa parroquial de Balmonte, en Castro de Rei

Publicado o 13/03/2020 13:12

A igrexa parroquial de San Salvador de Balmonte, en Castro de Rei, foi asaltada. Tras intentar acceder pola entrada principal, forzaron a porta lateral para entrar no templo. Unha vez no interior, remexeron todo na procura de canto atoparon de valor. Foi un veciño que pasaba por diante o que se decatou do acontecido e deu a voz de alarma.

Ana Rouco, sancristá de Balmonte: "Dixéranme que se decatara do roubo un veciño que viña do monte e viu as portas abertas. Parou e asomouse un pouco, pero non se atreveu a entrar. E xa chamou o cura, que á súa vez avisou a Garda Civil. Despois viñemos ver o que roubaran e vimos que practicamente levaran todo. Deixaron tres santiños, non sei por que".

O botín co se fixeron os ladróns consistiu nas tallas de catro santos que había nos retablos da igrexa. A máis valiosa era unha imaxe da virxe. Ademais, levaron os candelabros e mais os misais.

Ana Rouco, sacristá de Balmonte: "Levaron os catro santos, os candelabros e os libros. Non hai traballo e a xente dedícase a roubar. Supoño que o que levaron é para vender, non para outra cousa, porque non vexo para que o queren".

Trala denuncia presentada polo párroco, a Garda Civil investiga agora a autoría destes feitos.

Noticias web

13/03/2020