CRTVG

Buscar

Un ancián conduciu en sentido contrario 10 km pola autoestrada da Costa da Morte

Publicado o 23/07/2020 13:45

A Garda Civil de Tráfico investiga un condutor de idade avanzada que conduciu dez quilómetros pola autoestrada da Costa da Morte en sentido contrario. Despistado, cruzouse con outros vehículos. Unha parella púxose en paralelo co coche infractor e logrou que se detivese na medianeira. Vexan:

"Si, si, por favor! Pare! Escoite, achéguese aquí, que vai en sentido contrario! Que te arrimes aquí! Para, para! Arrima o coche aquí, vas en sentido contrario! Mira, conseguimos que parase cara á medianeira. Aquí é onde o temos parado, vale!

Noticias web

23/07/2020