CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga a vaga de incendios en colectores de lixo en Foz

Publicado o 11/08/2020 10:38

A intensidade das lapas orixinou un gran susto entre os veciños. A intervención dun deles, que cunha mangueira combateu o lume ata a chegada dos bombeiros, foi providencial para que os danos non fosen maiores.

Os efectivos de protección civil e bombeiros lograron evitar que o lume afectase a un local de hostalería próximo. Menos sorte tivo o coche que estaba estacionado ao pé dos colectores.
Todo apunta a un feito vandálico.

Nas últimas semanas xa se produciron feitos similares noutras zonas de Foz, tres nos últimos sete días.

A Garda Civil xa está a investigar as circunstancias en que se produciu o lume.

Noticias web

11/08/2020