CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga a rotura do precinto da casa de Bernardo Montoya

Publicado o 03/01/2019 21:10

A Garda Civil investiga a rotura do precinto da porta da casa de Bernardo Montoya, asasino confeso de Laura Luelmo. O precinto, colocado días atrás, apareceu retirado, polo que a Garda Civil colocou un novo para preservar a seguridade do inmoble.

Durante a investigación da desaparición e posterior asasinato de mestra zamorana, a casa xa foi inspeccionada na procura de probas. Foron os veciños que viven na zona os que alertaron da rotura do precinto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2019