CRTVG

Buscar

A Garda Civil investiga a queima de varios coches e colectores de lixo en Boiro

Publicado o 22/02/2020 20:57

En Boiro foi unha noite moi movida. Os servizos de emerxencias tiveron unha madrugada moi atarefada, que rematou con catro coches calcinados, tres colectores do lixo queimados e danos na fachada dun edificio. A A Garda Civil investiga o que semella ser o último episodio de vandalismo na vila. 
O primeiro aviso aos servizos de emerxencias chegaba sobre as cinco e media da madrugada desde a rúa Francisco do Río Romero. Estaban ardendo dous coches e as lapas eran tan altas que ameazaban varios andares do edificio máis próximo. Cando os bombeiros traballaban na extinción deste lume, recibiron o aviso de que estaban ardendo un colector e outros  dous coches noutros puntos da vila.