A xuíza declara segredo o caso da morte dunha nena de sete anos en Muimenta
Publicado o 04/05/2019 19:13
A Garda Civil investiga a morte dunha nena de 7 anos en Muimenta, onde vivía xunto a súa nai e a súa avoa. Foi a avoa a que avisou os servizos de emerxencia. Cando chegaron a menor aínda estaba viva, pero non conseguiron reanimala. O corpo non presentaba sinais de violencia, polo que agora será a autopsia, prevista para esta mañá, a que determine as causas exactas da morte.
A nai da menor foi trasladada ao hospital polo seu estado de nerviosismo. Alí permaneceu custodiada toda a xornada de onte. O xulgado número un de Vilalba asume a investigación e decretou o segredo do sumario. Os pais da menor están separados e era a nai a que tiña a custodia.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52