A Garda Civil investiga a morte dunha muller na praia de Sabón, en Arteixo
Publicado o 25/07/2021 22:15
Unha muller morreu esta tarde na praia de Sabón, en Arteixo. A Garda Civil investiga nestes momentos as causas do falecemento.
Os servizos de emerxencias recibiron unha chamada pasadas as cinco da tarde. A vítima foi rescatada no mar por unha moto acuática que a trasladou ata o areal onde intentaron reanimala sen éxito.
O corpo foi trasladado á Coruña para lle realizar a autopsia.